A vivenda cooperativa en cesión de uso é un modelo que se está preparando para dar o salto de escala e ser accesible a todas as capas da poboación. Pero, para iso, debemos sumar as forzas públicas, cooperativas e comunitarias para ir máis aló do que podería facelo cada parte por separado. O Foro quere ser un acelerador destes procesos xa en marcha.
Organización
O Fórum é unha iniciativa da sectorial de vivenda cooperativa en cesión de uso da XES, Habicoop e REAS Rede de Redes.
O Ajuntament de Barcelona i la Generalitat de Catalunya achegan o seu financiamento. O Fórum compleméntase con doazóns e achegas doutras entidades e persoas.
Preguntas frecuentes
Aquí deixamos as respostas a algunhas preguntas frecuentes. Se tes algunha dúbida máis podes escribirnos a habitatge(arroba)xes.cat
Si, con dúas excepcións. Por unha banda, ao debate de apertura do xoves día 24 pola tarde no Palau Robert accédese por orde de chegada ata esgotar aforo. Outra actividade diferenciada son as visitas ás cooperativas en convivencia. Durante o rexistro solicitarase unha mostra de interese, e en función da dispoñibilidade dos proxectos abriremos un rexistro personalizado unhas semanas antes.
A través dos espazos de articulación de XES e REAS abriuse un espazo para recoller propostas de actividades que nestes momentos xa está pechado. En todo caso pódesnos escribir a habitatge(arroba)xes.cat
Si, algunhas das actividades retransmitiranse en directo. Na páxina do Programa atoparás os detalles unhas semanas antes. As actividades retransmitidas e outras publicaranse na web do Fórum.
Quixemos priorizar que cada un se exprese coa súa lingua de preferencia, polo que algunhas actividades contarán con tradución simultánea entre catalán y castelán. O resto de actividades, especialmente aquelas nas que todas as relatoras sexan catalanofalantes, terán a disposición tradución comunitaria para aquelas que o necesiten.